Estamos nisto xuntos

Hai veces que pensamos que somos únicos. Que os nosos medos son só nosos, que o que sentimos só sucede no noso corazón. Vémonos coma almas independentes loitando contra o mundo que nos rodea e que non nos entende. Estamos dentro da sociedade ou a sociedade está dentro de nós? Existimos porque cremos nun deus ou ese deus existe porque cremos nel? Logo se non cremos, non existimos? Non somos tan especiais nin tan únicos. Somos unha masa entrelazada na que estalla a violencia que vemos, diariamente, contra un de nós e que nos afecta a todos. Gústenos ou non…. estamos nisto xuntos.

NIN – We\'re in this together