sOmBrAs no bErcE

Hoxe, despois de máis de catro meses de traballo, liberei o enlace de descarga do pdf do proxecto “sOmBrAs no bErcE”. Cousas coma esta fanche crer que a xente garda moito bo no seu interior e que se volca no traballo colectivo cando hai unha causa común. Deixovos o enlace para o libro e a ilustración de portada que fixo Griall Bravo (unha auténtica obra de arte).

O libro electrónico de sOmBrAs no bErcE en formato PDF

O libro electrónico de sOmBrAs no bErcE en formato ePub (eReaders)

O libro electrónico de sOmBrAs no bErcE en formato Mobi (Kindle)

A piques de chegar “Sombras no berce”

Pois si. Dentro de moi pouco, seguro que antes de finais deste mes de Xaneiro, colgaremos o pdf gratuíto de “Sombras no berce”. O seu contido, doce relatos curtos que nos falarán dos medos, soños e fantasía que enche a nosa nenez e que, pouco a pouco, co paso dos anos imos perdendo (ou cambiando por outros). Un grupo de escritores e ilustradores que nos farán lembrar e sentir esas pequenas emocións que aínda gardamos no máis profundo da nosa mente. Aquí tedes a preview do vídeo de presentación.