A piques de chegar “Sombras no berce”

Pois si. Dentro de moi pouco, seguro que antes de finais deste mes de Xaneiro, colgaremos o pdf gratuíto de “Sombras no berce”. O seu contido, doce relatos curtos que nos falarán dos medos, soños e fantasía que enche a nosa nenez e que, pouco a pouco, co paso dos anos imos perdendo (ou cambiando por outros). Un grupo de escritores e ilustradores que nos farán lembrar e sentir esas pequenas emocións que aínda gardamos no máis profundo da nosa mente. Aquí tedes a preview do vídeo de presentación.