E xa apareceu ‘A Porta de Annwn’

Xusto un ano despois, e coincidindo co meu aniversario, fíxose real o segundo volume da triloxía ‘As Crónicas de Bran’. Comezamos do mesmo xeito, con unha presentación para os amigos na Passepartout Beerhouse. Nesta cita falei sobre o que fai diferente este segundo libro, da escuridade que cae sobre as almas dos protagonistas e que os empurra, nunha busca desesperada, a tres viaxes diferentes que rematan nun único punto, no limiar da Porta.

Non sei que é o que nos deparará este ano. Perdín no camiño parte da fe que me enchía o peito no 2013, fe que tiña máis pola emoción de ver o primeiro libro publicado que por outra cousa, mais debo admitir que aínda me encontro con forzas para volver a repetir as viaxes do ano pasado. Volveremos a percorrer Feiras do Libro, librarías, bibliotecas e tentaremos que, os moitos ou poucos que vos crucedes con nós, pasedes un bo rato falando de fantasía, maxia e soños.