Comezamos a soñar de novo…

dreaming

Despois desta morna (e bastante pasada por auga) pausa do mes de Agosto, achégase o intre de volver a escribir. Retomarei o meu proxecto de ‘Negruña’ dando un gran paso atrás e comezarei a ler o texto que levo escrito desde a páxina 1. O punto onde deixei a trama préstase moito a facer este ‘flashback’ xa que, tralas 70.000 palabras que van ata o de agora, tódolos personaxes están posicionados nos seus respectivos lugares para afrontaren os capítulos finais sen necesidade de maior complexidade argumental. Ademais, aínda que a historia se comportou de xeito moi coherente desde o seu inicio, aproveitarei para facer algúns cambios en comportamentos e motivacións que se foron enriquecendo co devir da novela. Iso si, teño un desafío persoal por diante. Os últimos capítulos (agás un) estarán ambientados nese futuro próximo desa cidade escura e perversa que é Negruña. Polo de agora, os meus ‘test-readers’ están máis a favor dos capítulos que acontecen no pasado histórico-fantástico (a Rusia dos anos vinte, A Coruña no século 18, a Segunda Guerra Mundial…) que os que transcorren na noxenta sociedade ‘negruñesa’. Así que teño que subir o listón e preparar un final espectacular. Volvemos a escribir, volvemos a soñar…

3 reflexións sobre “Comezamos a soñar de novo…

    • E eu… 😉 mais aínda lle queda algo de tempo por diante. A primeira escrita continuará ata finais de ano como pouco e despois hai que releer e revisar unhas cantas veces. Así que, se a editorial se interesa por ela, non vería a luz ata o 2016…

Os comentarios están pechados.