Tomando aire…antes de botar a correr.

Pois si…despois de case un ano dende que o rematei, este Xoves 7 de Marzo presentaremos o primeiro libro de “As Crónicas de Bran”. Será no Joana’s Place (c/Pondal, nº 4 – A Coruña) ás 21:00 horas e o certo é que un non pode evitar que os nervios lle chanten na gorxa. É obvio que, nin para ben nin para mal, dita presentación non terá moito que ver co resultado das ventas do libro e que, se continuamos na liña habitual, non haberá máis de vinte persoas (con sorte). Pero unha cousa non quita a outra e o deste Xoves será unha celebración (ademais do meu cumple), será a celebración de acadar algo que está moi complicado nos tempos que corren, que lle publiquen a un a súa novela. Moitas cousas virán logo desa noite, algunhas boas, outras malas, unhas desexadas e pode que algunhas das temidas. Mais, coma sempre, o tempo acabará colocando cada unha delas no seu lugar e para o vindeiro ano non serán máis ca un recordo. Iso si, pase o que pase, a felicidade que se debuxará (levemente que non hai que facer costume) na miña faciana cando sosteña nas mans o preciado volume, será intensa e verdadeira. E o latido, que se conxelará no meu peito durante un segundo, será dos máis intensos que teña gozado nos últimos anos.

Estado dos proxectos (3)

Pois onte pola noite rematei a primeira fase do meu proxecto deste ano: escribir o primeiro tomo de “As Crónicas de Bran”. Ao final son 55.000 palabras nesta primeira escrita, a expensas de ver en canto queda tras o proceso de reescritura. O contido está dividido en 8 capítulos (do número 0 que é unha pequena introdución ata o número 7 que é o epílogo) dos que seis constitúen o corpo principal do libro.

Podería poñervos unha sinopse para que tivésedes unha idea da historia que narra pero, coñecéndome, seguramente spoilearía de máis e acabaría estragándovos a sorpresa… así que é mellor que postee os diferentes momentos musicais que foron acontecendo durante o proceso de creación (subidos no seu momento ao meu Facebook) e que constituíron a banda sonora da historia. Así que aquí está o meu diario xunto co link a cada un dos vídeos das cancións:

1 – Hoxe estou escribindo o capítulo 1 (realmente é o 2 xa que comecei no 0…) das Crónicas de Bran e que mellor B.S.O. para a escena na que Bran está aprendendo os poderes do seu pai O Grande Forxador…

Tema para o capítulo 1

2 – E xa que andamos a compartir musiquiña.. Hoxe rematarei o capítulo 2 das “Crónicas de Bran” onde se fai efectiva a “revolta dos Mestres” e que está cheo de acción, maxia e mortes así que…que mellor B.S.O.

Tema para o capítulo 2

3 – Hoxe rematei o capítulo 3 do 1º tomo das Crónicas de Bran, superada a barreira psicolóxica das 30.000 palabras e xa vou pola metade… 

Cando os deuses sacan os fouciños nas guerras dos homes, unha novela adquire matices “épicos”.

Tema para o capítulo 3

4 – Rematado o capítulo 4 das “Crónicas de Bran” chamado ‘A terra de Alba’ no que Merlín e Bran chegan á terra dos pictos. Monstros do mar, dragóns, intrigas e algún traidor encapuchado. Superada a fronteira das 39.000 palabras e preparando o escenario da batalla final coas tropas demoníacas da Terra da Nada. Que mellor BSO que o Avalon de Sully Erna!

Tema para o capítulo 4

5 – Ben, tras un finde cheo de motos e rutas, xa na casa traballando no 5ª escena das Crónicas de Bran. Nesta ocasión é un ‘interlúdio’ máis ca un capítulo chamado “Un latido na nada”. Cada un dos protas ten un párrafo no que cuspe o que lle ronda na cabeza na noite antes da batalla. Pensamentos, remordementos, dudas, ilusións, medos, esperanzas…dende Bran á diabólica divinidade Donn, pasando por demos, guerreiros e magos. E que mellor fondo para plasmar todo iso que…

Tema para o capítulo 5

6 – Finalizado o capítulo 6 das “Crónicas de Bran”!!!!! Superadas as 53.000 palabras no capítulo chamado “O día que o mundo tremeu” e que describe a gran batalla entre magos, pictos, orcos, trolls, demos, deuses e, por suposto, Bran. Xa só queda o epílogo para finalizar a miña primeira novela e listo (despois reler, revisar, rescribir….). Que mellor BSO que…

Tema para o capítulo 6

7 – Rematado o capítulo 7 “Todo é diferente baixo a luz da Lúa” que é o epílogo do Libro I das Crónicas de Bran. Despois de catro meses de moito traballo xa está escrita a primera novela. Agora a dedicarlle o verán a reler, rescribir e debuxar os bocetos da portada e capítulos para ter un story-line que pasar ao ilustrador que colabore no proxecto. 

Que mellor b.s.o. para unha melancólica escena mariña baixo a lúa, na que se relata como as cousas son absolutamente diferentes tras a batalla…

Tema para o capítulo 7