Sobre min

Calquera cousa que puidese dicir sobre min, carecería de importancia ou, cando menos, de interese algún. O motivo deste blogue non é ningún tipo de promoción nin autoedición senón que, máis ben, un xeito de exteriorizar as ideas que roldan a miña mente de cando en cando. Coma ben que susodita non ten un esquema ou patrón de funcionamento, non haberá ningún tipo de periodicidade ou afán enfermizo de actualización do contido. É dicir, non vou pasar sen durmir ou deixar de facer cousas de proveito para escribir catro letras aquí e que non as lea nin dios.

Posto o punto de partida para este o meu curruncho, simplemente desexarvos que se por erro ou despiste caedes neste escuro lugar, pasedes un bo rato coas historias aquí recopiladas.